Un blog para aprender e gozar dos sons que nos rodean.

Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas

Sons de cartón

 Cun simple cartón e unha placa Tecla-Tecla (ou Makey-Makey) do Polo Creativo e algo de imaxinación podemos crear un violín eléctrico!

Déixovos unha plantilla e o código derivado do Kit Singular "Tócaa outra vez, Luísa!" creado para o día das Letras Galegas 2024.

Plantilla violín

Código

Conecta os cables das frechas de dirección aos encadernadores do cordal e... A tocar!!!

 

Reciclaxe robótico

A reciclaxe está directamente relacionado co ODS 12: produción e consumo responsables.
Con este material poderemos disfrazar e guiar ao noso amigo True-True sobre a grella para reciclar os materiais que vai atopando.
Imprimide os disfraces en papel ou cartolina A4 e deixade voar a imaxinación do voso alumnado para decoralos.
A continuación imprimide en A3 a grella e... A programar a reciclaxe selectiva!



Plantilla A3 TrueTrue de Pilar Música San Salvador

"Les (nouveaux) luthiers": Instrumentos con materiais de refugallo.

Ligazóns con instrucións e imaxes para crear os vosos propios instrumentos: 







Canle de Youtube con vídeotitoriais para crear os vosos propios instrumentos:



Cando teñas claro que instrumento queres facer, cubre o seguinte cartel para ser un auténtico Luthier:





Les nouveaux Luthiers de Pilar Música San Salvador