Aloumiños nos oídos
Un blog para aprender e gozar dos sons que nos rodean.
Menú
- Danzas (1)
- Instrumentos musicais (7)
- Karaokes (2)
- Linguaxe musical (5)
- Material Polo Creativo (5)
- Musica Online (2)
- Musicogramas (3)
- ODS (3)
- Partituras (1)
- Recoñecemento auditivo (8)
- Ritmogramas (5)
- Xogos (8)
Puzzle
Probade a construir un puzzle con esta plantilla utilizando a cortadora laser do Polo Creativo.
Descargádea en formato .svg sen fondo.
Recordade configurar as liñas laranxa para cortar e as figuras negras para grabado.
Puzzle figuras musicais de Pilar Música
Sons de cartón
Cun simple cartón e unha placa Tecla-Tecla (ou Makey-Makey) do Polo Creativo e algo de imaxinación podemos crear un violín eléctrico!
Déixovos unha plantilla e o código derivado do Kit Singular "Tócaa outra vez, Luísa!" creado para o día das Letras Galegas 2024.
Plantilla violín
Plantilla para fabricar violín infantil de Pilar Música
Código
Conecta os cables das frechas de dirección aos encadernadores do cordal e... A tocar!!!
Reciclaxe robótico
A reciclaxe está directamente relacionado co ODS 12: produción e consumo responsables.
Plantilla A3 TrueTrue de Pilar Música San Salvador
Con este material poderemos disfrazar e guiar ao noso amigo True-True sobre a grella para reciclar os materiais que vai atopando.
Imprimide os disfraces en papel ou cartolina A4 e deixade voar a imaxinación do voso alumnado para decoralos.
A continuación imprimide en A3 a grella e... A programar a reciclaxe selectiva!
Calendario perpetuo de madeira
Déixovos este calendario perpetuo diseñado en Canva dun xeito moi sinxelo para que o poidades descargar en formato de imaxe .svg sen fondo e cortar no tamaño que prefirades.
As liñas laranxa deben configurarse para corte e o negro en grabado.
o borde verde, poderedes elixir se cortalo ou utilizalo para igualar as medidas das pezas.
Agardo que sexa de utilidade.
Calendario CNC de Pilar Música San Salvador
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)